Image

“Prudente, austero e realista” Así definen desde o goberno ó orzamento de Carballo para este 2010. Baixa un 16%.

Os orzamentos municipais do concello de Carballo ascenden a 22,4 millóns de euros, dos cales uns 5,5 destínanse a investimentos reais, o que supón un 25% do montante económico total. Con respecto o ano anterior súfrese unha baixada de entre un 15% e un 16% segundo se mire en ingresos ou gastos.

A Concelleira de Facenda, María Xesús Vázquez destacou a reducción nas partidas de representación e protocolo, festas e actividades culturais.O alcalde, Evencio Ferrero anunciou a conxelación dos salarios dos membros do goberno con adicacións e a reducción dun dez por cento as partidasde asignacións os grupos políticos.Pola contra asegurou que medra o gasto social e os apartados para o comedor sobre rodas, actividades extra escolares, o programa Concilia e o servizo de axuda no fogar.

Este orzamento recolle os investimentos do proxecto Fórum, na nova biblioteca comarca, gardería infantil, obradoiros formativos(358.000), reforma do edificio do vello ambulatorio(305.000), e outras actuacións. Ferrero Rodríguez definiu a saúde financieira do concello como de “moi boa, incluso excelente”.