José Antonio Viña Patiño ten a intención de volver a liderar a candidatura do PSOE, e agarda que se aumente o peso do partido dentro da corporación carballesa.

O portavoz socialista carballés, José Antonio Viña foi o protagonista do programa matinal de Radio Líder para Bergantiños, Xallas e Soneira, e que presenta Xosé Manuel Lema de 12,00h a 14,00h, desde o 107.9 da fm.

O teniente de alcalde carballés referiuse a petición dunha nova escola obradoiro, denominada “Bosque Animado” para Carballo e confiou no respaldo da Xunta a este proxecto. Tamén se referiu a reforma integral do mercado: “A idea é demoler toda a tabiquería do sótano para o mercado provisional, e logo acondicionaráse a planta intermedia e o demáis. É unha reforma integral que tamén afectará a fachada”. Destacou o avance da contratación das obras do plan estatal e a necesidade de actuar en materia na rede de auga no casco de urbano, cun investimento importante porque é altamente custoso “pero temos que ir programando porque non só é un problema dio barrio do San Cristovo”

 Plan Xeral

 “O Plan xeral tivo tantos avatares que a veces desespera a un. Cando tiñamos o medio rural resolto cruzousenos unha lei medioambiental que nos fixo paralizar os traballos de redacción e refacer todo o proceso para adaptalo a nova normativa. Cando o documento foi sometido o informe previo por parte da Xunta aparece a Lei do Solo. Estivemos a expectativa e agora hai que volver a traballar en 256 núcleos rurais que hai que facer completamente de novo. En principio no casco urbano non haberá modificacións e na costa xa veremos como queda, con plan de ordenación do litoral. Nós imos seguir traballando a toda velocidade.

Viña ten previsto presentarse como candidato de PSOE

“Se o partido mantén a súa confianza seguirei catro anos máis. Creo que os votantes de calqueira ideoloxía queren ter unha referencia fixa e non gustan dos cambios bruscos e rápidos. A idea é a de volver a presentarme as próximas eleccións. Se os compañeiros queren eu non me vou a negar”.

As eleccións

“Aquí a recompensa mídese en votos. Se os esforzos non se ven compensados en votos e porque algo está fallando ou non se están vendendo ben”.