DSC_1621

Os criterios da FEMP serán os que se sigan no concello de Carballo. Falamos dunha rebaixa de entre o 5 e o 7 por cento.

 

 

 

Terra Galega e PP presentaron sendas mocións para a reducción dos soldos dos concelleiros con adicación na corporación municipal. O goberno bipartito aportou unha enmenda a moción de Tega, que propoñía que estas reduccións foran similares as dos traballadores, e que finalmente saiu adiante cos votos de Tega, PSOE e BNG.

 

Isto implica a baixa dun 5% nas percepcións dos concelleiros Marcos Trigo e María Jesús Vázquez, un 6% nas de Evencio Ferrero, Belén Lendoiro, Lois Lamas e Benedito Viña, e un 7%, no soldo máis alto que é o que percibe o socialista, José Antonio Viña Patiño.

 

DSC_1625

 

Rexeitouse a proposta do PP. O seu voceiro Alberto Sueiro especificaba que “o caso de Carballo é especial. O concello rebaixoulle as asignacións os membros da oposición e nos pedimos que afecte a todos nesa porcentaxe, un dez por cento”. Evencio Ferrero insistiu en que seguían os consellos da Federación Española de Municipios y Provincias argumentando que “aquí os soldos non son disparatados. Por exemplo os alcaldes do PP de Bergantiños cobran máis co alcalde de Carballo”.

 

Ferrero e Sueiro comezaron un cruce de palabras sobre os ingresos do concello e do Parlamento, e visiblemente enfadado chegou a intervir o concelleiro Juan Carlos Castro Pombo que definiu o rexedor coma “un provocador nato”. Sisa Méndez pediu que se puxera fin “a este partido de tenis” .

 

 

 

DSC_1634

 

 

 

Sueiro Pastoriza lamentou ter a un “alcalde sen palabra e sen criterio”, e que a pesares de que presumía de cobrar o mesmo soldo que de profesor (aínda uns 118 euros menos) mantiña no goberno a Viña Patiño que cobraba máis ca no seu anterior traballo. O alcalde propuxo incluir a súa enmenda na moción de Terra Galega, e así quedou aprobada a proposta que terá carácter inmediato.