DSC_1636

O traslado dos postos do Mercado abreu de novo o debate entre goberno e PP.

Salvo o punto dos soldos, o pleno de Carballo transcurreu con moita normalidade, e xa hai quen se pregunta se seguirán así ata o final, é pura coincidencia ou os populares están agardando as vindeiras sesións para desplegar a súa artillería pesada. Nesta sesión notouse a ausencia de Manuel Andrade Cristóbal.

Aprobouse o traslado dos placeiros. Sisa Méndez anunciou a abstención de Tega “porque non estamos dacordo co proxecto”, e desde o PP se pedían explicacións. “No expediente figura para onde vai a ir cada placeiro” comentaba o alcalde mentras que Alberto Sueiro denunciaba precisamente “que o que non hai é un expediente administrativo que xustifique o traslado e as súas características”.

DSC_1627

O nacionalista García Guillín informaba que se trataba “dun traslado provisional e a ordenanza farase cando se entregue a obra”.

“Comprendan a inquietude dos placeiros- dicía Sueiro- Non saben para onde van, nin canto lles costará. Non saben nada”.Os populares criticaban o traslado nas épocas de San Xoán e desde a alcaldía se aseguraba que non “se vai a dificultar a actividade económica”. O traslado contou co voto en contra de PP, a favor de BNG e PSOE e a abstención de Terra Galega.

DSC_1642

 

Neste pleno (as fotos pertencen a esta sesión) aprobáronse dúas modificacións de crédito para o proxecto Fórum, por importe de 76.600 (personal docente e bolsas de alumnos) e 60.000 euros (equipamentos) respectivamente, coa abstención de PP e Tega.

 

Co apoio de Tega e a abstención do PP, o goberno sacou adiante un convenio para a Deputación provincial da Coruña impulse a construcción da segunda fase da urbanización Carballo- Sísamo por importe de máis dun millón de euros.