Xoán Sande critica os retrasos da autovía, rexeita a Lomce e agarda que a que se poida frear o proxecto “lesivo” de Edgewater en Corcoesto.

 

 

XOÁN SANDE NA ENCRUCILLADA

 

Polo programa “Na Encrucillada”(Radio Obradoiro 107.5FM) que presenta Xosé Manuel Lema seguen pasando os líderes políticos comarcais para analizas os asuntos máis candentes da actualidade. Neste martes, un dos protagonistas foi o voceiro comarcal do BNG, Xoán Sande que opinou sobre varios temas de actualidade.

 

Sande deixou estas reflexións:

 

 

MINA DE CORCOESTO

 

“A manifestación foi un éxito e as rúas de Carballo ateigáronse de xente para protestar por un proxecto mineiro que pretende colocar no centro da comarca de Bergantiños”

 

“É un perigo para a comarca e hai que seguir protestando para que a mina de Corcoesto non sexa unha realidade. Sería arruinar o noso territorio. Desde o BNG agardamos que se poida parar isto”.

 

LEI ORGÁNICA DE MELLORA EDUCATIVA (LOMCE)

 

“Esta lei estase facendo de costas a comunidade educativa. Unha lei regresiva que pretende volver atrás e poñer obstáculos para que menos estudiantes poidan chegar ao ensino superior. E para os galegos tamén é moi lesiva cun tratamento para a nosa lengua inferior o da relixión”.

 

AUTOVÍA DA COSTA DA MORTE

 

“É algo evidente que os prazos non se van a cumprir. O conselleiro ven a mentirnos e a rirse dos veciños da Costa da Morte. A Xunta ten que tomar unha decisión xa. Para nós tería que ser a resolución do contrato é que a obra se fixera con diñeiro público”.

 

 

“Na Encrucillada” emítese cada día desde as 12,00 e ata as 14,15 h no 107.5 de Radio Xallas- Radio Obradoiro.

 

Para contactar coa redacción do programa 627217963 – radioxallas@yahoo.es

 

EN TWITTER @aencrucillada ou @xmlema