Manuel Andrade critica a falta de ilusión e innovación do goberno de Evencio Ferrero.

 

O portavoz municipal de Terra Galega asegurou días antes de que se reúna a comisión de urbanismo en Carballo para comenzar a resolver as alegacións ao Plan Xeral, que o seu apoio pasa porque “a maioría das alegacións sexan aceptadas”.

 

“Estamos a expectativa para ver a iniciativa do goberno” comentou Manuel Andrade na sintonía do programa “Na Encrucillada”(Radio Obradoiro 107.5 FM). Para o político centrista hai entorno ao PXOM “un clamor popular que pode explotar en calquera momento”.

 

“Hai xente que ten certificados  de terreos para edificar e agora poden quedar fora da ordernación e iso e unha estafa manifesta” sinalou Andrade Cristóbal.

 

Con respecto ao aparecemento de Compromiso por Galicia en Carballo, Manuel Andrade asegurou que “non me quita o sono” esta nova oferta política xa que “é unha rama do Bloque e non é unha forza moderada de centro”.Defendeu a vixencia do proxecto de Terra Galega, como forza moderada e “alternativa ao PP e ao PSOE” e formada “por xente que quería a apaertura dos partidos tradicionais” e que proceden tanto da socialdemocracia como do centro-dereita.

 

Con respecto ao goberno de Carballo, Andrade comentou que no executivo de Evencio Ferrero: “Non hai innovación, nin ilusión por avanzar por desarrollar Carballo”