A XUNTA DESTINA MÁIS DE 100.000 EUROS PARA A REALIZACIÓN DE OBRAS DE ACONDICIONAMENTO EN VARIOS CENTROS EDUCATIVOS DA COMARCA DE BERGANTIÑOS

A delegada territorial do Goberno galego na provincia, Belén do Campo, supervisou esta mañá os traballos que se están a desenvolver no CPI As Revoltas, en Cabana de Bergantiños, e no CEIP Joaquín Rodríguez Otero, en Malpica de Bergantiños

Tamén se levarán a cabo actuacións de mellora no CEIP Fogar e no IES Monte Neme, de Carballo, e no CEIP Eduardo Pondal, de Ponteceso

Estes proxectos desenvólvense durante o período non lectivo das vacacións de verán para que se atopen a punto para o inicio do novo curso escolar