O delegado territorial da Xunta de Galicia na Coruña, Diego Calvo visitou o concello de Malpica onde inspeccionou as obras realizadas con cargo o Fondo de Compensación Ambiental, que consistiron na renovación do alumeado do paseo marítimo.
A Xunta de Galicia investiu 72.600 euros para sustituir as antigas luminarias de vapor de sodio por haloxenuros metálicos. Calvo Pouso aproveitou para finalizar xunto co alcalde de Malpica, Eduardo Parga Veiga a acta de recepción das obras.