A semana comezaba cunha nova vítima nas estradas de Bergantiños. Un veciño de Nemeño(Ponteceso) de 76 anos de idade falecía esta mañá na estrada que comunica Carballo con Malpica, a altura da localidade de Cances, e despois de que a moto que conducía colidira cun camión dunha empresa construtora.

 

O suceso tivo moi preto do hotel Punta del Este e dos accesos a autoestrada AG-55. Os servizos de urxencias médicas nada puideron facer por salvar a vida do motorista.

 

Na semana pasada nas estradas da bisbarra de Bergantiños houbo tres mortos. A cantantes Paula Sueiro, no concello de Coristanco, o mozo Fernando Pombo en Ponte Rosende(Carballo) e outro veciño de 87 ano na denominada Recta de Rus.