Novas

Ampliación do saneamento en catro núcleos rurais da Laracha

Por o 20 Diciembre, 2016

O concello da Laracha promove melloras en Vilasuso(Torás), Lamas(Golmar), Lestón(Lestón) e A Braña da Viña(Vilaño).Visita do xefe territorial de Educación,Indalecio Cabana, ao CEIP Alfredo Brañas.

 

O Concello da Laracha está a acometer e financiar integramente con fondos propios municipais varias actuacións de ampliación e mellora das redes de saneamento e abastecemento de auga co propósito dotar con estes servizos a máis núcleos de poboación rural.Actualmente estase a traballar nas obras de instalacións das tubaxes soterradas no lugar de Vilasuso (parroquia de Torás). Recentemente xa se completaron unha actuacións de similares características en Lamas (Golmar). En próximas datas executaranse proxectos idénticos en Lestón (núcleo pertencente á parroquia do mesmo nome) e As Brañas da Viña (Vilaño).

Subscribete a ANOSACOSTA!

Escribe aquí tu dirección de correo electrónico y recibirás nuestra boletín - GRATIS !!!

 

 

Entre estas catro actuacións, e segundo os datos do padrón municipal de habitantes, ofrecerase a posibilidade de beneficiarse da cobertura destes servizos a uns 150 veciños residentes en zonas rurais.As ampliacións das redes de saneamento e depuración de residuais, así como o aumento na cobertura do abastecemento de auga, son actuacións que no Concello da Laracha se desenvolven con certa frecuencia por ser considerados polo goberno municipal investimentos prioritarios. O obxectivo é mellorar a calidade de vida dos veciños residentes na zona rural, na que existen máis de trescentos núcleos de poboación en todo o termo municipal.

 

 

Educación investirá 30.000 euros no comedor do CEIP Alfredo Brañas

 

 

O xefe territorial de Educación na provincia da Coruña, Indalecio Cabana, acompañado por técnicos da Consellería, realizou esta mañá unha visita ao CEIP Alfredo Brañas de Paiosaco, onde mantivo un encontro con José Manuel López Varela, alcalde do Concello da Laracha, Jesús Souto, edil responsable da área de obras públicas, e tamén coa directora do colexio.

 

O motivo principal da xuntanza foi tratar a creación do comedor escolar e analizar as cuestións previas que é preciso resolver antes de comezar a executarse o proxecto. En primeiro lugar, consensuouse que a nova instalación coa que contará este centro de ensino será habilitada na planta baixa do edificio principal, no local que actualmente se está a empregar como almacén. Trátase da opción máis cómoda polo seu emprazamento e por dispoñer dun acceso independente, cuestión de especial relevancia xa que o comedor será empregado fóra do horario lectivo. Ademais, ao contar este local coas instalacións eléctricas e de fontanería, poderanse axilizar as obras previstas.

 

Do mesmo xeito, acordouse que o Concello da Laracha asumirá os custes da eliminación dos tabiques e paredes interiores para deixar o local diáfano. A dirección do centro confirmou que durante as vacacións de Nadal retirará todo o material almacenado neste lugar para que as actuacións poidan iniciarse o antes posible.A estimación inicial do investimento a realizar por parte da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para adaptar o local como comedor escolar e dotalo co equipamento necesario sitúase en torno aos 30.000 euros. A previsión é comezar as obras a principios do ano 2017.

 

 

A colaboración institucional entre o Concello da Laracha e a Xunta de Galicia, ademais da necesaria cooperación por parte da dirección do CEIP Alfredo Brañas de Paiosaco, posibilitará dotar ao colexio con este novo servizo. Nos próximos meses o comedor escolar estará a disposición da comunidade educativa, cos beneficios que iso implicará especialmente para os alumnos e as súas familias. Na fase inicial cóntase con que sexan usuarios con carácter permanente 25 nenos e outros 25 de xeito descontinuo.

 

 

Fonte- Concello da Laracha

Comenta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *