Novas

Laxe contará cun Punto de Atención á Infancia

Por o 21 diciembre, 2016

A Deputación inviste 63.000 euros para acondicionar a antiga escola unitaria de Laxe, a través do Plan de Acción Social.

 

Subscribete a ANOSACOSTA!

Escribe aquí tu dirección de correo electrónico y recibirás nuestra boletín - GRATIS !!!

Así será o P.A.I. de Laxe

 

O Plan de Acción Social da Deputación provincial coruñesa permitirá que o concello de Laxe conte cun Punto de Atención á Infancia.Estará ubicado na antiga escola unitaria. O investimento ascende a 63.000 euros. Prestará servizo a nenos e nenas de 0 a 3 anos.

 

Deste xeito, as actuacións consisten na renovación da planta baixa do edificio, que está ubicado entre avenida Cesáreo Pondal e a Praza do Concello.O inmoble conta cunha superficie de máis de 100 metros cadrados. Conta ademais cun patio exterior de 300 metros cadrados.

 

Segundo fontes da Deputación este espazo remodelarase para dar cabida a unha zona dedicada aos usos internos e de funcionamento do centro, coma a recepción, un despacho e unha zona de aseo. Nun segundo espazo, xerarase unha aula polivalente e varias áreas destinadas á preparación de alimentos, ao descanso e a un baño específico para os nenos. Tamén haberá unha zona de xogos e espallamento, recuberta con pavimento brando de caucho e que contará con acceso directo ao patio exterior.

 

O proxecto financiado pola Deputación tamén inclúe a creación dun falso teito modular de fibra natural, a colocación dun vinilo co nome do centro na fachada e a adquisición de todos os mobles necesarios, que estarán elaborados en DM lacado.

 

Garantiráse a seguridade dos nenos e nenas con sistema de protección nos radiadores e termómetros das paredes e outras medidas. O proxecto tamén contempla a eliminación das barreiras arquitectónicas, garantindo o acceso e o uso das zonas comúns ás persoas con mobilidade reducida.

 

Todos os traballos executaranse conforme ás normativas vixentes de protección fronte ao ruído, seguridade contra incendios e eficiencia enerxética.

 

Así, instalarase un envolvente que proporcione illamento para evitar humidades e garantir un uso racional da enerxía e renovarase a carpintería exterior, con novas ventás en aluminio lacado acristalado con vidro térmico.

 

Fonte-Deputación-Redacción Anosacosta

Un comentario

  1. Aureliana

    22 diciembre, 2016 at 9:10 pm

    O pai de Muxia ten 65m2 e hai que subir 8 escaleras!!!!

Comenta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *