Novas

Nace unha plataforma en Coristanco

Por o 21 diciembre, 2016

A Plataforma na Defensa da Terra de Coristanco oponse a instalación da planta de residuos industriais da Furoca, que proxecta GESMAGA.

 

 

Subscribete a ANOSACOSTA!

Escribe aquí tu dirección de correo electrónico y recibirás nuestra boletín - GRATIS !!!

A pasada fin de semana constituíase a Plataforma na Defensa da Terra de Coristanco que ten como obxectivo “enfrontarse” ao proxecto da planta de almacenamento e valorización de residuos industriais que promove no lugar da Furoca(San Paio) a empresa GESMAGA.

 

Desde a Plataforma aseguran que se trata dun proxecto “lesivo para a veciñanza” e que supón “unha grave ameaza aos núcleos habitados na parroquia”  pola emisión de gases altamente contaminantes, ou a filtración aos acuíferos existentes de todo tipo de minerais pesados e restos dos elementos tratados na planta de xestión dos residuos industriais.

 

Pero tamén pola incidencia en cultivos como o da “pataca de Coristanco”, na riqueza gandeira e na vida das persoas. Desde a plataforma queren pedir ao concello toda a información existente. Ademais queren dispoñer de locais para celebrar sesións informativas cos veciños das parroquias.

 

Os membros do novo colectivo lembran que “este proxecto dispón de licenza provisional concedida no ano 2013 sendo alcalde Antonio Pensado do Partido Popular e que agora en Setembro de 2016, tres anos despois da licenza, dáse a coñecer o Informe de Impacto Ambiental que debería ser presentado no seu momento para obter a licenza provisional”.

Comenta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *