Novas

Novo centenario no concello da Laracha

Por o 10 febrero, 2017

Jesús Fuentes, da parroquia de Soutullo, únese  ao grupo dos centenarios laracheses.

O Concello da Laracha conta entre os seus veciños con nove persoas que superaron o século de vida, das cales seis son mulleres e tres, varóns.

 

Subscribete a ANOSACOSTA!

Escribe aquí tu dirección de correo electrónico y recibirás nuestra boletín - GRATIS !!!

Jesús Fuentes García cumpriu os 100 anos o pasado día 7 de febreiro e celebrouno na vivenda na que reside en O Seixoso, parroquia de Soutullo, acompañado por parte da súa familia.

 

José Manuel López Varela, alcalde do Concello da Laracha, felicitou a Jesús polo seu aniversario e, tal e como é habitual, obsequiouno cunha placa conmemorativa e un ramo de flores en nome da Corporación municipal.

 

Jesús Fuentes García vive coa súa filla Mari Carmen e o seu xenro Félix Alonso. En total conta con cinco fillos, nove netos e nove bisnetos.

Comenta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *