Novas

Charla en Malpica sobre o decreto das vivendas turísticas

Por o 16 Marzo, 2017

Este sábado as 19:30, no Centro Cívico, organizada polo Partido Socialista de Malpica.

 

Subscribete a ANOSACOSTA!

Escribe aquí tu dirección de correo electrónico y recibirás nuestra boletín - GRATIS !!!

 

O Partido Socialista de Malpica organiza o vindeiro sábado 18 de marzo unha charla informativa sobre o novo decreto de ordenación de apartamentos turísticos, vivendas turísticas e vivendas de uso turístico en Galicia.A nova normativa da Xunta entrará en vigor o vindeiro 11 de maio.

As 19:30h no Centro Cívico

A charla terá lugar no Centro Cívico de Malpica a partir das 19:30 h. Intervirá a presidenta da Asociación de Propietarios de Vivendas Turísticas(Aviturga) Dulcinea Aguín Pombo, o secretario xeral do PSOE local, Sergio García Villar e a concelleira socialista Isabel Loureiro.

A charla é de interese para todos/as aqueles/as que aluguen vivendas habituais para fins turísticos, xa que este decreto o que fai é regular un tipo de aloxamento que xa está a convivir na nosa vila xuntoa con outros como poden ser hoteis, casas rurais ou hostais” explican os socialistas de Malpica.

Comenta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *