Novas

A Mesa recolle sinaturas en Laxe

Por o 20 Marzo, 2017

Recollida de sinaturas en Laxe para unha I.L.P. da Mesa pola Normalización.

A sección da Mesa pola Normalización Lingüística de Bergantiños comezou en Laxe unha recollida de sinaturas para apoiar unha Iniciativa Lexislativa Popular que demanda que “a lingua galega conte cos dereitos que lle corresponden como lingua propia e oficial de Galiza”.Nesta recollida participaron 250 persoas. En vindeiras datas a campaña estenderase por outros concellos de Bergantiños.

Subscribete a ANOSACOSTA!

Escribe aquí tu dirección de correo electrónico y recibirás nuestra boletín - GRATIS !!!

Menosprezo ós galegofalantes

O responsábel da Mesa en Bergantiños, Xosé Cotelo, declarou que “malia que o idioma galego ten rango de lingua oficial, son moitas as veces en que somos obrigados a mudar de lingua durante as nosas relacións con empresas fornecedoras de gas, electricidade ou telefonía” e resaltou a importancia desta ILP “para rematarmos co menosprezo e coa discriminación á que nos vemos sometidos quen queremos facer uso da lingua galega”, para concluír animando a todas e a todos a continuar a apoiar a campaña que quere garantir o dereito a vivirmos na nosa lingua.

Comenta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *