Nova desgraza na estrada. V.G.V. De 23 anos e veciña de Malpica falecía este luns despois dun accidente na A-6 á altura da localidade lucense de Becerreá.

 

 

A condutora saiuse pola marxe esquerda da vía e acabou falecendo, quedando atrapada no interior do coche. Tivo que ser liberada, xa sen vida, polos bombeiros de Sarria. O coche rompeu as barreiras de protección e ao parecer unha delas cravoúselle nunha perna, causándolle a morte por desangamento.

 

O sinistro acontecía sobre as 9,30 desta mañá. Un particular dou a voz de alarma. Mobilizouse, entre outros efectivos, un helicóptero medicalizado, pero finalmente descartouse a intervención, cando os servizos de urxencias confirmaron a morte desta moza da bisbarra de Bergantiños.