Novas

O PP de Carballo pide que se solucionen “dunha vez por todas “ os problemas no subministro da auga

Por o 16 Junio, 2017

Aurelio Núñez levará ao próximo pleno unha moción para reclamar medidas urxentes que poñan fin a esta situación.

 

Subscribete a ANOSACOSTA!

Escribe aquí tu dirección de correo electrónico y recibirás nuestra boletín - GRATIS !!!

 

Esta é a nota completa remitida desde o Partido Popular

 
O grupo municipal do Partido Popular de Carballo, encabezado polo seu portavoz, Aurelio Núñez, presentará no próximo pleno unha moción na que insta ao goberno local a que leve a cabo as actuacións necesarias para terminar “dunha vez por todas” cos “graves problemas” que están a sufrir os veciños por culpa do “deficiente” servizo do fornezo da auga.

 

Os populares subliñan que se viron “obrigados” a realizar esta demanda despois de comprobar como nos últimos meses varias tubaxes da rede de suministro municipal rompían, causando danos importantes en diferentes bens privados.

 

“A última desgraza deste tipo vivímola fai un par de semanas cando se alagou un garaxe da rúa Saúde e varios coches víronse afectados”, lembrou Núñez, quen denunciou tamén que é “frecuente” abrir a billa de calquera casa, deixar correr a auga e atopar pousos de todo tipo.

 

O portavoz dos populares asegurou que todos estes problemas están a causar certa “alarma social” en Carballo, incrementada despois de que varios negocios víranse obrigados a tirar comida cociñada con auga polo mal cheiro que desprendían os alimentos.

 

Ante esta situación, e como consecuencia da falta de explicacións e de medidas por parte do goberno local, os populares consideran “urxente e imprescindible” poñer en marcha actuacións, “con medios propios ou da empresa concesionaria”, para terminar con este problema.

 

“Unha primeira opción podería ser que o Concello botase man do canon entregado pola empresa concesionaria no momento da adxudicación dos servizos”, afirmou Núñez, quen defende que, posteriormente, poderíanse estudar outro tipo de propostas tanto económicas como técnicas, e asegura que esta situación “non pode durar máis tempo”.

Comentarios

Comentarios

Comenta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.