Novas

Paralización das obras de Gesmaga na Furoca

Por o 17 Julio, 2017

Satisfacción na plataforma pola Defensa da Terra de Coristanco.

 

Subscribete a ANOSACOSTA!

Escribe aquí tu dirección de correo electrónico y recibirás nuestra boletín - GRATIS !!!

O concello de Coristanco ven de remitir unha resolución á empresa Gesmaga na que ordena a “paralización inmediata” das obras e da actividade da planta do lugar de A Furoca.

Ademais incoan un expediente de reposición da legalidade urbanística e dan traslado dos informes e as actuacións realizadas al Xulgado de Instrución número 1 de Carballo “ao estar as dilixencias previas abertas sobre este expediente” segundo informan desde a Plataforma en Defensa da Terra de Coristanco.

Este colectivo expresa a súa satisfacción “por esta Resolución do Concello e felicita ao mesmo, xa que por primeira vez nos últimos 26 anos na historia de Coristanco conseguiuse pola presión social pór freo a prácticas presuntamente ilegais e pararlles os pés aos responsábeis desta empresa que actuaron en todo este tempo ao amparo da arbitrariedade dos anteriores equipos de goberno do Partido Popular”.

Comentarios

Comentarios