Novas

O BNG pide que Cee sexa vila libre de circos con animais

Por o 4 agosto, 2017

Moción do BNG de Cee contra os circos con animais.

 

O portavoz municipal do BNG de Cee, Serxio Domínguez Louro, presentou unha moción na que propón que o concello de Cee non autorice nin promova “a instalación de circos con animais no termo municipal ”e que se declare o concello “vila libre de circos con animais”.

Tamén se pide que non se permita a instalación de espectáculos circenses con animais no concello.

Os circos usan os animais como reclamo do público infantil.Xulgamos que os pequenos e as pequenas deste país, a sociedade do futuro, merecen unha educación baseada en valores que inclúan o respecto cara aos seres vivos e o contorno” sinalan desde o BNG nunha moción na que se refiren ao “illamento, o castigo, o medo e o cativerio” no que viven os animais dos circos.

Comentarios

Comentarios