CMAT analiza as potencialidades do proxecto WAOH! Route

Por o 27 abril, 2018

A Costa da Morte quere aproveitar o proxecto WAOH! Route

 

O salón de plenos do concello de Fisterra acolleu unha xuntanza organizada pola Costa da Morte Asociación Turística (CMAT), e na que estiveron presentes os alcaldes de Fisterra e Laxe, a tenente de alcalde de Corcubión e representantes de varias entidades.

 

O obxectivo foi unificar criterios entorno ao proxecto Wildsea Atlantic Ocean Heritage Route (Waoh! Route), no que participan varios países, e que pretende aproveitar os deportes náuticos, a enogastronomía, o turismo mariñeiro e a arqueoloxía mariña.

 

Actividades náuticas e de mergullo

 

Segundo informan desde a CMAT “esta iniciativa, promovida dende Turismo de Galicia, propon a elección de tres zonas por destino, na que se baralla a Ría Corcubión dentro de la Costa da Morte, e dende a CMAT pretendese ampliar esa zona a todo o xeodestino e buscando tres enclaves referenciales para a realización de actividades naúticas e de mergullo”.

 

“Esta nova ruta- engaden desde a CMAT -permitirá a combinación de actividades náuticas como percorridos en kaiak, avistamiento de cetáceos ou mesmo actividades para descubrir o patrimonio marítimo formado por galeóns, mercantes ou pesqueiros sumerxidos en las profundidades, cuio coñecemento a través de actividades de turismo subacuático permitirá promover a súa conservación e protección como recurso cultural”.

Comentarios

Comentarios

Debes estar registrado para comentar Login