Demandan melloras na estrada de Carballo a Razo

Por o 14 junio, 2018

O PP anuncia a presentación dunha moción.

 

O Partido Popular de Carballo quere que se tomen medidas coa estrada DP-1902 que une Carballo coa praia de Razo,xa que consideran que conta un dos trazados máis perigosos do concello e como mostra están os diferentes accidentes rexistrados.

 

“O deseño, cheo de curvas, algunha delas moi pronunciadas, condiciona moitísimo a velocidade e a atención do condutor, provocando que un despiste leve consigo caer por algún monte ou bater cunha árbore”, apuntan os populares que pensan que “é de vital importancia non so para os veciños de Razo e Oza, senón para todos os carballeses e persoas doutros concellos limítrofes que frecuentan esta praia”, dixeron.

 

Impacto turístico da Praia de Razo

 

Inciden “no importante impacto” turístico da Praia de Razo, un feito que “obriga a darlle á estrada o prestixio que se merece”.Tamén lembran que no último consello parroquial de Razo, os veciños reclamaron esta mellora e o alcalde, Evencio Ferrero, comprometeuse a contactar coa Deputación.

 

“Os primeiros pasos xa están dados. O trazado do novo vial está reflectido no novo plan xeral de ordenación municipal (PXOM), así que agora só queda seguir avanzando para conseguir o compromiso da institución provincial” sinalan desde o Partido Popular de Carballo

Comentarios

Comentarios

Debes estar registrado para comentar Login

Aviso de Cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para realizar el análisis de la navegación de los usuarios y mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, pulsando en el siguiente enlace: Más Información