A Deputación apoia a recuperación dun muíño de vento en Laxe

Por o 14 junio, 2018

Xuntanza entre o presidente da Deputación e o alcalde de Laxe.

O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, ofreceu a colaboración económica da entidade provincial para poder recuperar o muíño de vento de “Manolo do Rei”, construído en 1924.

 

Así llelo fixo saber ao alcalde, Jose Manuel Mouzo, nunha xuntanza na que Formoso asegurou que se trataba dun “interesante proxecto de recuperación dun inmoble singular do patrimonio histórico, cultural e etnográfico de Laxe”,que se empraza no monte Cornaceiro, preto da capela de Santa Rosa.

 

Proxecto de 120.000 euros

 

Segundo explicou o alcalde, o Concello de Laxe conta co ofrecemento de cesión gratuíta e a autorización dos propietarios actuais, para poder emprender as actuacións que sexan precisas para a consecución deste proxecto tanto no muíño como na súa contorna. O proxecto terá un custe duns 120.000 euros.

Por outra banda, a Deputación da Coruña e o Concello de Laxe asinarán nas vindeiras semanas un convenio de colaboración por importe de 98.000 euros para a adquisición dunha nave industrial de 622 metros cadrados e unha parcela libre de 907 metros cadrados para usos municipais. Trátase dun tipo de construción escasa ou inexistente en Laxe, que non conta cun parque empresarial nin polígono industrial no Concello.

Comentarios

Comentarios

Debes estar registrado para comentar Login