93.000 euros para melloras en tres centros educativos de Ponteceso

Por o 2 agosto, 2018

No CEIP Eduardo Pondal, IES de Ponteceso e CEIP As Forcadas de Corme.

 

O delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, visitou, esta mañá, as obras que se están realizando no CEIP Eduardo Pondal de Ponteceso de instalación dun ascensor para prestar servizo a toda a comunidade educativa e especialmente aos alumnos con mobilidade reducida. Esta actuación garantirá ós usuarios a accesibilidade a todas as plantas do centro.

 

O ascensor, que ten un custe de case 62.000 euros, cubre un total de catro alturas. Arranca do interior da antiga vivenda do conserxe, situada próxima á porta de acceso o recinto do centro, e dende aí discorre, nunha estrutura de formigón exterior á fachada, conectándose en todas as plantas co edificio para permitir o acceso a cada unha delas.

 

IES de Ponteceso e As Forcadas

 

A esta inversión, que se está executando, se unen outras actuacións previstas para os centros educativos deste Concello. En concreto, levarase a cabo a reparación da instalación eléctrica do IES de Ponteceso cun custe de 1.515 euros. Ademais, no centro CEIP de As Forcadas repararase a zona afundida da pista polideportiva cunha achega de máis de 31.000 euros.

 

En total en Ponteceso a Consellería de Cultura e Educación investirá máis de 93.000 euros para facer obras de mantemento e mellora nestes 3 centros educativos.

 

Na comarca de Bergantiños e Costa da Morte a Xunta ten previsto facer obras en 19 centros educativos, obras nas que investirá un total de máis de 1,1 millón de euros.

 

Fonte- Nota de prensa Xunta de Galicia

Comentarios

Comentarios

Debes estar registrado para comentar Login

Aviso de Cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para realizar el análisis de la navegación de los usuarios y mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, pulsando en el siguiente enlace: Más Información