O PP seguiría estancado, Terra Galega perdería un concelleiro en beneficio do PSOE.

O BNG mantería a súa maioría absoluta no concello de Carballo, obtendo os 11 concelleiros que ten na actualidade, pero incrementando a súa porcentaxe de apoios.


Segundo unha enquisa realizada por Sondaxe para La Voz de Galicia, o Partido Popular repuntaría levemente pero non conseguiría subir dos cinco escanos, que contrastan cos oito concelleiros obtidos por Alberto Sueiro no ano 2011.


Subida do PSOE


O único cambio numérico que reflexa a enquisa é a subida dunha acta do Partido Socialista liderado por Mari Carmen Vila, que llo arrebataría a Terra Galega, que se quedaría con dous representantes na cámara municipal carballesa.


O candidato Evencio Ferrero é o máis valorado. Aurelio Núñez(PP) e Mari Carmen Vila(PSOE) tamén aproban. Suspende a actual voceira de Terra Galega, Estefanía Canosa.