Silvia Castro

Silvia Castro ocupa o segundo posto na lista do Partido Popular

Silvia Castro Pose ocupará o segundo posto na candidatura do Partido Popular de Coristanco.É unha enxeñeira técnica industrial, especialista en química industrial, e máster universitaria en Enerxía e Sustentabilidade. Traballa de técnico de calidade.Castro é natural de Traba e ten 29 anos de idade.

Compromiso con Coristanco

O candidato á alcaldía, Juan Carlos García Pose, destacou a capacidade de traballo, a preparación e a ilusión de Silvia Castro. Para García «representa o compromiso con Coristanco que existe na lista do PP e a vontade de traballar por este municipio».

García Pose estréase neste comicios como candidato dos populares nun concello onde se agarda unha importante concorrencia electoral. Haberá oito opcións con Partido Popular, PSOE, BNG, Ciudadanos, Marea de Coristanco, Contigo Coristanco, Terra Galega e a agrupación electoral do exalcalde Antonio Pensado Plágaro.