O alcalde de Coristanco, Juan Carlos García Pose, amouse optimisma de que antes da vindeira campaña, os produtores de pataca do Verxel de Bergantiños conten cunha marca de calidade.

Esta semana o director Axencia Galega de Calidade Alimentaria (AGACAL), Manuel Rodríguez Vázquez, participou nun acto informativo na localidade para falar sobre este tema.

Pataca de Coristanco

O alcalde ten claro que “temos un produto amplamente recoñecido que é a Pataca de Coristanco, e hai a posibilidade de que estea perfectamente identificada a través dunha marca de calidade diferenciada”.

A resposta dos produtores é boa. A marca de calidade permitiría darlle un valor aos tubércolos, protexela de cara as venta enganosa, ofrecer asesoramento aos produtores e promover campañas de promoción.Agora hai que iniciar o percorrido burocrático, coa creación dunha organización profesional de froitas e hortalizas, que sería a primeira de Galicia segundo confirmo García Pose.