OLYMPUS DIGITAL CAMERA

A comarca de Bergantiños acollerá unha das catro plantas do sistema público de tratamento de xurros, que creará a Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia.

Serán as primeiras deste tipo en España. As plantas inclúense na futura lei reguladora do sistema para a xestión de dexeccións gandeiras.

Comparecencia de Balseiros

Así o anunciou o Director Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, nunha comparecencia na comisión de agricultura parlamentaria.

Balseiros asegurou que este sistema de xestión garantirá a trazabilidade dos residuos ata o seu tratamento final e cumprirá coas esixencias da Unión Europea en materia medio ambiental.

Ao mesmo tempo, segundo Balseiros, este sistema redundará na calidade ambiental dos produtos gandeiros galegos e, por tanto, aumentará o seu valor.