O CPI de Zas e o Plurilingüe da Picota, no concello de Mazaricos, participan este curso nunha nova edición do programa “Radio na Biblio”, promovido pola Consellería de Educación, Universidade de Formación Profesional.

Estes centros recibirán fondos para a posta en marcha dun laboratorio de radio nas súas bibliotecas. Forman parte da relación de trinta centros que se unen, aos cincoenta que xa forman parte desta iniciativa.

Oito colexios xa forman parte do programa

Entre eles oito da nosa comarca: CPI As Revoltas(Cabana), IES Isidro Parga Pondal (Carballo), CEIP Canosa-Rus (Coristanco), CPI Plurilingüe Cabo da Area(Laxe), CEIP Milladoiro (Malpica), CEIP Víctor Sáenz – San Cosme de Antes(Mazaricos), e CEIP Plurilingüe Pepe de Xan Baña de Traba-Castriz(Santa Comba).

Estes centros que xa teñen os seus laboratorios radiofónicos recibirán unha asignación de 500 euros por centro para a realización de obradoiros de formación específica para o funcionamento da emisora ou ben de lectura expresiva ou de mellora da expresión oral.