A Costa da Morte perdeu un 12% dos seus autónomos con respecto ao ano 2010.

Segundo os datos do Instituto Galego de Estatística, recollidos nunha reportaxe do Diario de Bergantiños, na actualidade hai uns 12.820 traballadores por conta propia.En 2010 había uns 14.597 autónomos. En total neste tempo houbo 1.777 baixas.

Unha porcentaxe que supera amplamente tanto a media provincial situada nun 3% como a media autonómica que reflexa un retroceso dun 5%.

Mazaricos 45% de autónomos

Os autónomos representan o 45% total dos traballadores do concello de Mazaricos, o 39% dos de Zas e o 38% dos do concello de Santa Comba. Os únicos concellos onde aumentaron os autónomos desde o ano 2010 son os de Fisterra e Corcubión.

En términos numéricos no concello de Carballo hai 2.991 autónomos, en Santa Comba 1.349, na Laracha 993 e en Vimianzo 887.