Os orzamentos do concello de Carballo para o 2020 estarán preto dos 26 millóns de euros (25.972.402 euros), rexistrando un incremento dun seis por cento con respecto aos anteriores.

Desta cantidade, 3,6 millóns de euros irán destinados os investimentos reais. Entre as actuacións figura a primeira fase da ampliación do cemiterio cunha partida de 699.520 euros.

Outra das partidas máis importantes é a que corresponde a glorieta da estrada C-552 a altura da Revolta, e que custará uns 223.000 euros.

A contas aprobaranse o vindeiro 23 de decembro. O alcalde Evencio Ferrero destacou o «gran esforzo inversor» do concello e a concelleira de Facenda, Belén Lendoiro definiu os orzamentos de «realista e prudentes» en base a criterios técnicos.

Os gastos de persoal supoñen un 32% do total. Desde o goberno local aseguran que se mantén o gasto en cultura, deporte, educación e en temas sociais.