A asociación ecoloxista Adega pide un plan de recuperación da lagoa de Baldaio que permita “restaurar ao máximo posible as condicións” da zona e que teña previsión “do intercambio da auga doce e salgada”.
Para a secretaria executiva de Adega, Belén Rodríguez, “a solución non debe pasar por abrir puntualmente a canle”.


Un parcheo


Pensa que as medidas adoptadas pola Xunta de Galicia foron de “parcheo” e “non abordan o fondo da cuestión”, polo que “posiblemente se volva a taponar”.


Adega celebrou a súa 44 asemblea xeral a pasada fin de semana en Carballo. Unha das prioridades deste colectivoé traballar pola transición ecolóxica. Unha das propostas de resolución foi precisamente a relacionada con Baldaio.