A Consellería de Sanidade confirmou que na comarca de Bergantiños hai 164 casos activos por coronavirus. Deles 66 están localizados en Carballo. Entre eles un positivo nun alumno, o que obrigou a suspender as clases no nivel de terceiro de primaria do CEIP Nétoma-Razo.


Nunha xuntanza telemática na que participou o conselleiro Julio García Comesaña cos alcaldes de Bergantiños tamén se informou dos casos nos demais concellos.


Desde Ponteceso, con 32 casos, A Laracha(23) e Malpica(9) deron conta das cifras actualizadas.