Este sábado 12 de decembro tivo lugar a presentación dun novo partido político, o “Partido Galego”.

Neste formación galeguista e moderada hai varias persoas da nosa comarca. Da Terra de Xallas figuran na xunta permanente, Montse Almozara Cordeiro, como responsable de Finanzas e Cristina Barcia, na área de comunicación. A carballesa Paula Rey, figura na área de autónomos.

Pero ademais na xunta xestora do Partido Galego, está Ana Barcia(Santa Comba), Manuel Abelenda(Ponteceso) e Ernesto Rodríguez(A Laracha).

O xalleiro Manuel Durán Gómez expresou o seu apoio á nova opción política cun poema que se proxectou no acto de presentación que tivo lugar en Melide e que foi retransmitido por streaming. O presidente do Partido Galego é , ata o congreso constituínte, Xosé Mosquera Casero.