Santa Comba entra no Nivel 3 e a maioría da Costa da Morte no Nivel 2.Mazaricos tamén no terceiro nivel// Carballo, Corcubión, Malpica e Ponteceso, coas máximas restricións//

NIVEL 1


Os concellos de Carballo, Corcubión, Malpica e Ponteceso continúan coas máximas restricións, coa hostalaría pechada, sen reunións de non convivintes e cos seus concellos pechados (non se permite a mobilidade fóra de cada un dos municipios). Están no grupo dunha incidencia maior a 500 casos por 100.000 habitantes. Son 17 concellos galegos os que están neste primeiro nivel.


NIVEL 2


Logo hai un segundo nivel, no que se agrupan os municipios cunha incidencia entre 250 e 500., Permítese as reunións de ata catro non convivintes. As hostalaría abrirá desde o venres as terrazas cun 50% de aforo e ata as 18,00h. Permítese a mobilidade entre concellos da mesma incidencia.


Hai unha particularidade. Inclúense todos os concellos das áres sanitarias de A Coruña-Cee, Ferrol e Pontevedra. Neste grupo figuran os concellos de A Laracha, Coristanco, Laxe, Cabana, Vimianzo, Camariñas, Zas, Fisterra, Cee, Dumbría y Muxía,

NIVEL 3


Os concellos cunha incidencia inferior a 150.As hostalaría abrirá (desde o venres) cun 30% de aforo no interior e 50% nas terrazas. Ata as 18:00h. Permítese a mobilidade entre concellos do mesmo nível e xuntanzas de 4 non convivintes . Tamén no ámbito deportivo, coa apertura de instalacións deportivas, ximnasios e piscinas.


Os concellos de Santa Comba e Mazaricos entran neste grupos coas restricións máis suaves.