As obras da senda peonil de Bértoa rematarán neste ano

Por o 22 noviembre, 2017

Visita de Ovidio Rodeiro a Carballo.

 

A Xunta de Galicia informou que a senda peonil e ciclista que conectará o polígono de Bértoa co casco urbano de Carballo rematarán este ano.

 

O delegado territorial, Ovidio Rodeiro, visitou este mércores as obras acompañado polo alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, e por outros membros da corporación local.

 

A Consellería de Infraestruturas inviste máis de 923.000 euros, o que supón o 70% do proxecto. O resto correspóndelle ao concello.

 

Senda de nove metros de ancho

 

A senda peonil e ciclista de Bértoa transcorre nunha distancia dun kilómetro pola marxe dereita da estrada AC-552. Terá nove metros de ancho.

 

A obra está incluída na primeira fase do Plan de Sendas de Galicia, e tamén contempla a renovación dos servizos de saneamento e pluviais, o soterramento dos servizos de electricidade, telefonía, unha zona axardinada e a habilitación de aparcadoiros onde haxa espazos para crealos.

 

Comentarios

Comentarios

Debes estar registrado para comentar Login