300.000 euros de investimento en dous proxectos no polígono de Bértoa.

O concello de Carballo inviste cerca de 300.000 euros na mellora das infraestruturas e os servizos do polígono industrial de Bértoa.

 

Unha das actuacións, que ten un orzamento de 112.825,49 euros está agora mesmo ren execución e consiste na creación de zonas de aparcamento na rúa Bronce. Quedarán habilitadas 4 prazas para vehículos pesados e 74 para turismos. Tamén se está ampliando o espazo do merendeiro, e reparando os elementos recreativos.

 

Mellora da capa de rodadura

 

Tamén están en fase de contratación as obras de reposición da capa de rodadura de distintas rúas, cun orzamento de 164.793 euros. As dúas actuacións contan co apoio da Deputación que afronta o 80% do financiamento. O resto corre por conta do concello.

Tamén está pendente de adxudicar o proxecto de melloras urxentes nas redes de abastecemento e saneamento de Carballo, que ten un orzamento de 175.255,67 euros procedentes do canon da auga. Entre as actuacións que se levarán a cabo con este investimento figura a substitución das canalizacións do polígono de Bértoa nun treito de 330 metros a partir do depósito elevado.