Valentín González Formoso reúnese cos militantes de Bergantiños

Por o 6 diciembre, 2017

Este xoves na sede do PSOE en Carballo.

 

O candidato á secretaría xeral nas primarias do PSdG-PSOE na provincia da Coruña, Valentín González Formoso, participará este xoves nun acto para explicar “o seu proxecto político e escoitar a militancia da comarca de Bergantiños”.

 

González Formoso estará a partir das 9 da noite na sede da agrupación socialista de Carballo (rúa Vázquez de Parga.4). Nas primarias socialistas concorren dúas candidaturas. A de Formoso e a de Mercedes Rosón.

 

O precandidato e militante de Mazaricos, Francisco Javier González Trillo, decidiu retirar a súa precandidatura e apoiar ao actual alcalde das Pontes e presidente da Deputación.As votacións terán lugar o vindeiro 17 de decembro.

Comentarios

Comentarios

Debes estar registrado para comentar Login