Carballo.Información de AXEGA 112.

 

Os servizos sanitarios de urxencia trasladaron onte a dúas persoas que foron arroiadas por un turismo cando se desprazaban pola Avenida de Fisterra, en Carballo.

 

Segundo os datos facilitados ao 112 Galicia, o accidente produciuse pouco antes das nove da noite de onte á altura do Hotel Moncarsol.

 

Ata o lugar desprazouse un equipo de Urxencias Sanitarias, que se encargou de estabilizar aos feridos e trasladaros ao centro médico máis próximo.