Carballo será a capital galega do Baloncesto no 6 Día do Pequebasket

Por o 16 mayo, 2018

#DiaPequebasket2018 será o hashtag desta edición

Mañá Xoves, Carballo será a capital do Basket Galego de Formación
O número de equipos participantes quedara nesta nova edición en 62 inscritos que estarán en Carballo o vindeiro día 17 de Maio.

A organización do 6º Dia do Pequebasket, decidiu fai días nunha reunión, de acordo coa Federación Galega de Baloncesto pechar o prazo de inscrición desta sexta edición, dado o número de equipos interesados ascende a 62.
Novamente supéranse as expectativas da Escola Basket Xiria, Concello de Carballo, Deputación da Coruña e Federación Galega de Baloncesto, incluso ás do año 2017 (con 57 equipos) e por outra banda, bátase un novo récord absoluto de equipos participantes (61 equipos en 2016). Os 62 equipos que participarán no 6º Dia do Pequebasket, eleva o número de participantes a máis de 700.
Unha vez máis supera as expectativas e ben a confirmar que a idea de organizar o DIA DO PEQUERBASKET como EVENTO LÚDICO-DEPORTIVO e coma clausura das Escolas de Iniciación de Baloncesto do Club, esta a chegar aos clubs de Galicia e xa conta con moitos equipos que non se queren perder este día de xogos, diversión e deporte en Carballo.
Este ano, a 6ª Edición do Día do Pequebasket contará con 3 persoas ilustres do mundo da canastra:
– Isa Sanchez, madriña desta 6ª edición
– Sito Alonso, adestrador profesional cunha longa traxectoria en ACB, que virá acompañado de Oscar Lata, adestrador moitos anos da familia EBX
– Blanca Millán millor xogadora Rookie na liga universitaria americana en Maine, irmán da nosa xogadora senior Silvia Millán

E así o describe a Escola Basket Xiria:

Este ano queremos SALIENTAR DE FORMA ESPECIAL a DEDICATORIA QUE FAREMOS ÁS MULLERES, E EN ESPECIAL Ó BALONCESTO FEMENINO.

Todo coincide para que así o fagamos

O Pequebasket celébrase o día das letras Galegas, 17 de Maio, que este ano está adicado a unha muller, María Victoria Moreno Márquez.

Este ano celébrase en España o Campionato do Mundo de Baloncesto Femenino, no marco do lema Universo Mujer 2018

Este ano, non teremos como padriño a Fernando Romay, senón que teremos a unha madriña, ISA SÁNCHEZ, unha das millores xogadoras de Baloncesto que tivemos na historia do noso baloncesto, e agora adestradora axudante na selección absoluta.

Tamén contaremos con Blanca Millán, e como confirmación de última hora, a asistencia de Sito Alonso, un dos millores adestradores do panorama actual.

E todo isto, no ano no que a Escola Basket Xiria ten por primeira vez na súa historia máis licencias de mulleres que de homes no clube.
Este ano tamén conseguimos que se acerque a Carballo un adestrador con moito nome no país, SITO ALONSO, o que da mostra do potencial deste evento a nivel estatal.

Comentarios

Comentarios

Debes estar registrado para comentar Login