Impresionante Lorena Marrozos que nos fala dende os Balcáns

Por o 6 julio, 2018

Lorena Marrozos é unha carballesa da parroquia de Entrecruces. O seu perfil de Linkedin di o seguinte:

“Después de 11 años en Banco Santander coordinando equipos y gestionando grandes cuentas, licenciada en Empresariales y certificada por EFPA, llevo más de 1 año en Cooperación Internacional. He estado ya 2 veces en Guatemala como voluntaria en casa de acogida indígena. Además de colaborar con varias ONGDs locales, sigo formándome en VOLUNTEERING, INTERNATIONAL COOPERATION”

Dende Anosacosta, queremos visibilizar o seu impresionante traballo nos Balcáns. Puxémonos en contacto con ela, e preferimos que sexa Lorena a que vos conte a súa heroicidade:

 


 

Meus queridos,

Dende Os Balcáns para a miña terra,

Os Balcáns engloban varios países; tanto se falamos da coñecida cordilleira Balcánica de abruptos montes, ou ben da península Balcánica conformada por países como Bosnia, Serbia e Macedonia, entre outros, ou senón da ruta Balcánica dos refuxiados, lugares polos que persoas desfavorecidas vense obrigadas a escapar na procura dun futuro.
Tanta extensión e comprensión hai nesta única palabra.

Escribo dende aquí, dende os Balcáns; exactamente dende Subótica que se atopa no norte de Serbia e a pouca distancia da fronteira con Hungría; relativamente preto da fronteira con Croacia tamén.

Fai menos dun mes que estou coñecendo esta realidade en primeira persoa.

Antes de vir, tiña claro que quería entregarme a axudar no necesario e sen remilgos. E tamén aproveitar esta estadía para ter información e compartila. Cun perfil de facebook https://www.facebook.com/profile.php?id=100026574308730  e grupos de contactos de amigos, conto cada día o que fago. Intento ser práctica e escribir sobre feitos, pero pola miña natureza ós relatos acompáñanlle reflexións. Non sería eu doutro xeito.
Pareceme imprescindible ter información e contrastala, e formación cando se pode, para poder opinar e argumentar.
Compartir a miña vida aquí ten un afán reivindicativo por un lado e quizáis sensibilizador se así se lle pode chamar polo outro.
Por este último interés, sólo espero (e non é pouco) que nalgunha persoa entre calor, abra o seu corazón e se é máis feliz, tamén o será a vida da súa contorna e por ende a humanidade en xeral. A felicidade contaxia, suma á mellora do mundo. Tamén neste vibrar de emocións, espero que sexamos máis xenerosos. A entrega a outros danos máis a nós do que nós poidamos entregar. Quen non confíe nestas verbas, que probe, que dé sin esperar contrapartidas.
O outro interés é menos emocional, máis racional e práctico. Estamos nunha situación de emerxencia. A realidade non é boa para esta xente a que lles obrigamos a deixar os seus fogares, pero tampouco para nós que perdemos a humanidade coa inanición ou mirar cara outro lado.

O cambio climático que arrecia, o belicismo de Oriente Medio, a expoliación e os comercios desiguais globalizados fan que a situación vaia a peor. Está nas nosas mans facer algo e non ser parte disto.
“Non podo facer nada, non teño cartos, é culpa do Goberno…” Sae moi facilmente xustificarse, é ten certa verdade implícita que podo comprender cando non se reflexiona.
Pido a túa reflexión: ¿E se ti non formas parte disto? ¿E se ti lle dis ó Goberno que non estás de acordo con non respetar os dereitos humanos? ¿Cómo? Pois hai unha campaña en Intenet para asinar NON NO NOSO NOME (Rede Galega en Apoio ás Persoas Refuxiadas). ¿E se ti evitas comprar en empresas que sabes que explotan (e todos coñecemos algunha, incluso hainas ben preto)?
¿E se falas disto: se cando vas á feira e escoitas “primeiro os de aquí”, non lle respondes que os de aquí tamén hai que axudalos, pero é de emerxencia axudar a quen está a morrer, lle recordas que expoliamos os seus países para movernos en autos, para abrigarnos, para comer o que nos de a gana… e ademáis levas contigo a foto dos 3 bebés mortos a semana pasada e lla amosas? ¿E si cando alguén che pide na rúa, lle miras a cara e lle das algo ou fala con él, dende o cariño?
Seguro que podes facer moitas cousas. E se ti fas, eu fago, nós facemos, seremos moitos a facer.

Dito esto, cóntoche que neste mismo momento estou soa nunha casa, escribo dende un ordenador, e este é o meu día a día:
Érgome cedo, quizáis non moito porque aquí amanece ás 4:30am. En xeral, estou alegre, como ben cada día, aséome mañán e tarde, e durmo nun colchón.
Polo miudo, os días son especiais, cada un me agasalla momentos para non esquecer.
Despois do almorzo e vestida contra os mosquitos e demáis bicherío, saio a facela compra. Compro nos mercados e nos supermercados, depende dos prezos e do que atope. Hai productos frescos que hai nun sitio e non no outro.
Feita a compra en función de a quen vou ver, tendo en conta o número e a súa cultura, encho o auto cas cousas e vou a repartila. Abarco uns 60 kms de radio. O reparto supón ir ver as persoas para deixarlles a comida, falar con eles e facerlles compañía. A veces máis doado, se falan ben inglés; outras complicado.
Eu vin aquí porque un día preguntei a doquier ¿onde se necesitaba máis axuda? e JUTT HELPING PEOPLE, organización pequena valenciana me escribiu e me dixo “AQUÍ”
Antonio era a única persoa que estaba en terreo e tiña que marchar, non atopaba a ninguén que quixera sustituilo con tan pouco aviso. E eu sen pensar moito, comprei o voo e vinme para aquí. Estiven con él 3 días, contoume o que puido e presentoume ata onde deron os días; o resto foi fluindo.
Esta organización é de emerxencia, presta atención ó refuxiado que o precise a calquera hora e en calquer lugar.
Levamos comida, é realmente o que fago todos os días; pero tamén as veces son xoguetes, roupa, mochilas… o que se poida e ata onde den os fondos. Os cartos que aquí gastamos veñen de amigos e pequenas empresas de ai.
Atendemos as persoas refuxiadas en bosques en primeira estancia porque só nos teñen a nós (e a outra organización pequena), e despois a familias numerosas xa en campos de refuxiados.
Para entenderme mellor, copio pedazos de post que veñen do meu facebook:

un día:

Esta mañana hemos acompañado a una familia iraquí al supermercado.
Le hemos dicho que cogieran lo que necesitasen y su cara no se me olvidará nunca!! Me han llenado de amor a espuertas.
La cara de esos padres que mostraban gratitud inmensa…
Hoy he visto tanta nobleza y bondad.
Cuidando la elección de cada producto, buscando el de menor precio, eligiendo lo más básico, atendiendo a delicados modales nos preguntaban si podían, si sería demasiado… la niña de 3 años nunca había tenido una muñeca y hoy Antonio se la dado…el niño de sólo 10 años retiraba como adulto lo que la niña metía en el carro; y a este mismo «niño hecho adulto» le insistimos para que eligiese unas galletas para él y cogió el paquete más pequeño…. No encuentro más ejemplos a tal educación y belleza de corazones.
Me voy a dormir henchida de amor. Ojalá nunca ninguna familia tuviera que pasar esta prueba de vida!

outro día:

Estoy acompañada de parte de una familia kurda de 11 niños.
Están con nosotros, mi honorable amigo serbio y yo, la madre, el padre y 3 de ellos. Ian es la única que habla un poco de inglés y nos ayuda a saber que necesitan.
Hemos ido a comprarles comida y después de dársela y estar un rato con ellos, discretamente nos pidieron conseguir ropita para la más pequeña de los hermanos, una bebé de casi 6 meses!!! Y ahí están.
Y para los 10 restantes nos pidieron una pelota para poder jugar entre ellos, una pelota para los 10!!! Todos estaban de acuerdo. Nos hace reflexionar?
El tercero más pequeño pidió un gatito, pero sus padres pronto le recordaron que no tendrían leche para darle!
El pueblo Kurdo es la minoría étnica más numerosa de Oriente Próximo. Algunos están en Turquía, otros en Siria, Iraq e Irán. Os suenan estos países? Os llega el estruendo de las bombas sobre sus casas?
Duele pensarlo, sin embargo no duele verles porque son fuertes y supervivientes!

e outro:

Habíais estado de limpieza en vuestra casa, en esa ruina techada donde ayer con la tormenta era charca en vez de cama.
En los días buenos son sacos de dormir desalgodonados y en sueños os abrigan; en los malos os enferman.
Con un té hablamos de mi familia, de mis amigos, de lo que me gusta, de España…. y me decís que en España todos somos buenos.
Yo me callo.
Confío en tu esperanza y la hago mía.
Luego hablamos de ti. Eres de los que mejor habla inglés. Me contaste que tienes 20 años, que deseas llegar a un lugar para trabajar y poder estudiar, te gustaría ser médico porque siempre son necesarios. También quieres ser padre porque te encantan los niños.
Te observo callada y sonrío.
Confío en tu esperanza y la hago mía.

Para terminar e abusando do meu afán rebelde pregúntome:
¿É máis importante unha nena con ollos marróns ca outra con eles negros, verdes ou doutra cor?
¿Merece máis atención un neno que viva na costa de Razo que outro que vive na parroquia de Zas?

Adoro a miña terra pola súa beleza e fertilidade, quero ós meus veciños pola súa xenerosidade e amor a terra; sempre enarbolo a nosa sorte de ser galegos.
Galicia é rica en xente, en froitos e tradicción.
Creo que esto nos fai especiais e debemos coidar o pasado e o presente, sen olvidar que camiñamos cara o futuro.

 

En Galicia hai pobos que desaparecen por quedar sen xente, cerca de 2.500 núcleos dun total de 6.000; somos únicos no mundo.
¿Poderíamos abrir a nosa mente e reflexionar nun futuro para nós e para outros que lles obrigan a buscar o seu, e facelo xuntos, quizáis sendo veciños?
A historia cóntanos que nós todos vimos de outros e dos lazos entre as súas culturas, e estos doutros, e doutros… e fomos facéndonos quen somos hoxe da suma dos tantos outros pasados. Non hai entre nós ningunha pureza que non veña da interacción e evolución. E vela aquí que marabillosos somos.
Os galegos somos xenerosos e moi avispados, decimos “hai que dar e ter para que te veñan ver”.
¿Poderíamos dar un pouco do que nos sobra sen deixar de ter de abondo para nós?
¿Non sobran montes que traballar, non hai xente maior que necesite mans de traballo ou sorrisas e compañía?
¿Nunca temos nada ou queremos máis do que temos, e para qué?

Son reflexións que dende os Balcáns me reconfortan. Pois confío na nosa natureza, e que nun futuro quizáis non lonxano poidamos sentirnos orgullos de facer desta barbarie política unha mellora para Galicia e ser exemplo da nosa xenerosidade.

Agora mesmo, aquí o que necesitamos son cartos. Cada día compramos comida, podes axudarnos con cartos cando se pode… Pero ¿poderemos abrir os nosos corazóns e pensar máis alá do noso día a día?
¿Pensaremos nas nosas camas mullidas, nas augas limpas a beber ou de aseo, nas eleccións da roupa a vestir cada día, do viño ou cerveza da fin da semana…? E creeremos que non temos cartos. Quizáis sexa así, pero hai moitas formas de axudar que non só son cartos. Seguro atoparala túa.

Con moito amor,

Lorena.

 


Esperamos dende Anosacosta, poder contarvos máis do día a día de Lorena, e as súas accións.

MOITA SORTE!!!

 

OUTRAS FOTOGRAFÍAS DA HEROICIDADE DE LORENA

Comentarios

Comentarios

Debes estar registrado para comentar Login