Rubén Lorenzo tomará posesión como deputado no Parlamento de Galicia nos vindeiros días. Na actualidade é concelleiro do Partido Popular no concello de Carballo.


Ía no posto 16, pero a renuncia de dous compañeiros que asumen novos cargos fan posible que entre no Hórreo. Para Lorenzo é “un gran orgullo e unha responsabilidade inmensa ter a oportunidade de representar a todos e cada un dos Bergantiñáns no Parlamento de Galicia”.


“Estar á altura”


Rubén Lorenzo agarda “estar a altura e non defraudar ós que confiastes no noso proxecto para Galicia e, tamén ós que decidiron dar o seu voto a outras formacións. Dende o primeiro dia traballarei arreo pola nosa zona, sempre en positivo e preto da xente, escoitando e axudando a mellorar o seu día a día”.


Haberá dous veciños de Carballo no Parlamento. O outro xa foi elexido, Daniel Pérez, do BNG.