Unha persoa perdeu a vida este mediodía en Carballo ao ser alcanzada por un vehículo no lugar de Mirón, na parroquia de Bértoa.

Sucedeu preto das 12:30 horas. Nese momento, varias persoas particulares contactaron co 112 Galicia para dar conta do accidente.

Nada máis ter coñecemento do suceso, os xestores do CIAE 112 Galicia solicitaron a intervención de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Policía Local, dos Bombeiros de Carballo, do Servizo Municipal de Protección Civil e da Garda Civil de Tráfico, aínda que, a pesar dos esforzos, os servizos de emerxencia nada puideron facer por salvarlle a vida á persoa accidentada.

Info-AXEGA 112