OLYMPUS DIGITAL CAMERA

A dirección do Partido Popular da provincia da Coruña tomou esta tarde a decisión de dar por cerrado o debate da moción de censura presentada no Concello de Coristanco.

 

O vicesecretario xeral de Organización, Evaristo Ben, explicou que os populares estaban dispostos, “polo ben de Coristanco e dos seus veciños”, a que os seis concelleiros do Partido Popular apoiasen ao edil socialista para que este fose nomeado alcalde no pleno que se celebrará este venres, pero, na súa opinión, a “radicalización que viven os socialistas” fixo imposible o acordo.

 

Neste sentido, e tras as decisións tomadas pola xestora socialista nos últimos días, Ben asegurou que o único que queda claro en todo este asunto é que é “o PSOE prefire condenar a Coristanco e aos seus veciños a unha situación insustentable e de ingobernabilidade total no municipio antes que gobernar este concello cos votos do Partido Popular”.

 

Chegados a este punto, e con Gerpe formando parte agora do grupo dos non adscritos, os populares consideran que “non se dan as condicións legais para unha moción de censura, e o Partido Popular sempre cumpre coa lei e coas institucións”, defendeu o vicesecretario xeral de organización.

 

Os populares aproveitaron esta ocasión para lembrar que hai dous anos, despois das eleccións municipais, a súa formación tratou de gobernar en Coristanco e non puido porque “non nos deixaron”. “Agora, nun intento de mellorar a situación que había, estabamos dispostos a apoiar ao concelleiro socialista, poñendo por diante das nosas siglas os intereses dos veciños”, apuntou Evaristo Ben, quen subliñou que nos próximos comicios locais “estou seguro de que os votantes saberán poñer a cada un no seu sitio”.

 

Fonte – Nota de prensa do Partido Popular