Convenio entre o concello de Laxe, a Cámara Mineira e Caolines de Vimianzo

Por o 13 marzo, 2018

Para impulsar actividades divulgativas sobre o patrimonio xeolóxico e mineiro de Laxe.

 

O Concello de Laxe, a Cámara Oficial Mineira de Galicia e a empresa mineira Caolines de Vimianzo (Cavisa) formalizarán este mércores un convenio de colaboración para promover conxuntamente o “importante patrimonio xeolóxico e mineiro” do concello de Laxe.

 

No acto, que se desevolverá na casa do concello a partir das 12 do mediodía, participarán o alcalde de Laxe, José Manuel Mouzo Castiñeira, o presidente da Cámara Mineira, Juan de Dios Martín Aparicio e o director xeral de Caolines de Vimianzo (Cavisa), Juan José López Muñoz, na Casa do Concello.

 

Segundo explican desde a Cámara Mineira mediante este convenio realizaranse accións divulgativas sobre o patrimonio xeolóxico e industrial mineiro de Laxe. Tamén se pretende “achegarlle á sociedade o coñecemento da xeoloxía e dos beneficios da minaría en xeral”. O concello de Laxe conta cunha importante tradición neste campo.

Comentarios

Comentarios

Debes estar registrado para comentar Login