Convenio para potenciar Laxe como destino turístico e científico

Por o 14 marzo, 2018

As tres entidades colaborarán para difundir o patrimonio xeolóxico e mineiro de Laxe.

O alcalde do concello de Laxe, José Manuel Mouzo Castiñeira; o presidente da Cámara Oficial Mineira de Galicia, Juan de Dios Martín Aparicio; e o director xeral da empresa mineira Caolines de Vimianzo (Cavisa), Juan José López Muñoz, asinaron esta mañá en Laxe un convenio de colaboración para promover conxuntamente o importante patrimonio xeolóxico e mineiro deste municipio coruñés.

 

O obxectivo é de colaborar mutuamente e poñer en valor o arquivo fotográfico Vidal e o traballo de Isidro Parga Pondal, que estivo á fronte tanto da mina de Kaolines de Lage S.A como do Laboratorio Xeolóxico de Laxe.

 

Recursos mineiros de Laxe

 

Un dos primeiros efectos deste acordo será unha xornada dedicada á posta en valor dos recursos mineiros existentes no municipio, como a extinta mina de caolín, que se integrará na “Primavera científica e cultural” do concello de Laxe.

 

O convenio terá unha duración de catro anos.Durante este tempo, unha comisión de seguimento, constituída por dous representantes de cada entidade asinante, elaborará os convenios específicos para a posta en marcha das actividades deseñadas e fará balance da súa execución.

Comentarios

Comentarios

Debes estar registrado para comentar Login

Aviso de Cookies

Utilizamos cookies propias y de terceros para realizar el análisis de la navegación de los usuarios y mejorar nuestros servicios. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información, o bien conocer cómo cambiar la configuración, pulsando en el siguiente enlace: Más Información