Segundo os socialistas o “parcheo” realizado pola Xunta agravou a situación.

 

O grupo socialista demandará no Parlamento de Galicia unha solución aos problemas de seguridade da estada AC-418 que une Carballo e Buño, “nomeadamente no último tramo, dende a localidade de Xoane”.

 

As iniciativas foron presentadas pola deputada Loli Toja que advertiu da situación precaria deste estrada, cun elevado tránsito de vehículos e cunha alta siniestralidade. Segundo Toja, lonxe de arranxar o problema, o goberno galego agravou a situación cun parcheo está provocando deslizamentos nos coches.

 

Loli Toja critica esta actuación “chapuceira” que desde o seu punto de vista “está a poñer en perigo a seguridade dos usuarios e usuarias da vía”. Por iso esixe “medidas inmediatas, adoptando unha solución integral que dote de piso uniforme que evite os desniveis, así como os problemas de seguridade que están a ocasionar”.