Os socialistas aseguran que os contratos sen publicidade e de adxudicación directa representan o 80,66%.

 

A portavoz municipal do Partido Socialista, Isabel Loureiro, xustificou o seu voto en contra da conta xeral no feito de que o goberno local no cumpre co que aparece no orzamento municipal, quedando sen investir uns 817.687,12 euros.

 

Os socialistas tamén critican a forma de adxudicación de contratos asegurado que “se contrata a empresas amigas e directamente”. O 80,66% son contratos sen publicidade e de adxudicación directa.

 

Lamentan a falta de planificación do goberno do Partido Popular. Segundo o PSOE a débeda é de 287.392 euros.