Na parroquia de San Martiño de Cores en Ponteceso.

 

@cristobalmourin// Dous descoñecidos tentaron entrar a pasada madrugada na igrexa da Ourada, na parroquia de Cores, en Ponteceso.

 

Cando un deles estaba a piques de introducirse por unha pequena fiestra do templo, os berros dun veciño fixeron que os descoñecidos fuxiran nun coche. Non tardou en chegar unha patrulla da Garda Civil, avisada por esta persoa.

 

Fontes do lugar aseguran que esta igrexa xa sufrira un roubo non fai moito tempo. Nesta ocasión, o veciño alertouse polos ladridos dun can, pensando que había un raposo preto da súa casa. A situación de moitos templos do rural é un obxectivo prioritario dos ladróns.