O alcalde lamenta que o saldo positivo non se poida reinvestir “no benestar dos veciños e veciñas de Ponteceso”.

 

O concello de Ponteceso enviou hoxe ao Consello de Contas de Galicia a conta xeral do ano 2016 que estaba pendente e situaba a este concello entre os poucos municipios que non o fixeran. O documento non tivo reclamacións e arroxa un saldo positivo de 407.118 euros.

O alcalde compara este exercicio co de 2010

 

O alcalde Lois García Carballido, lamentaba que o goberno central non deixara reinvestir este remanente “no benestar dos veciños e veciñas de Ponteceso”. E comparou este saldo positivo co saldo negativo do Partido Popular no ano 2010. Entón o peche era de – 1.290.177 euros. O rexedor tamén se referiu ao voto en contra do PP no pleno celebrado este día.