Dúas mil personas formaron este pasado domingo en Merexo, unha cadea humana para protestar en contra do plan acuícola da Xunta de Galicia. O portavoz veciñal, Antonio Devesa dou lectura a un comunicado, redactado polo escritor Manuel Rivas. Entre os presentes, estaba o histórico dirixente nacionalista, Xosé Manuel Beiras Torrado, e representantes de PP e BNG, así como de veciños doutras zonas afectadas polo plan acuícola, e membros de asociacións ecoloxistas. Os manifestantes insistiron en demandar unha rectificación por parte da Xunta. Os veciños de Merexo repartiron bolsas de cebolas, para promocionar o seu proxecto de agricultura ecolóxica que pretenden desenvolver na zona onde se pretende ampliar a actual planta piscícola de Stolt Sea Farm. A seguinte mobilización está prevista para o vindeiro 28 de decembro en Camelle.